Como empresa dedicada á produción e venda de zentoladas, sempre se dubida da nosa ética á hora de fabricar e de xerar beneficios, dúbida motivada polos innumerables casos coñecidos de abusos realizados con persoas e medio ambiente desde que temos historia escrita. Normal.

Pero en reizentolo temos claro que todo o que facemos repercute dunha maneira ou doutra no resto da sociedade ou do planeta. E entendemos ademais que se se dexenera moito máis o medio ou a especie humana, quedariamos sen clientela. Así que non nos interesa.

Por iso has de saber que utilizamos produtos provenientes de materias primas certificadas que non conteñen substancias perxudiciais para a saúde, e cumpren co respecto co medioambiente no seu proceso de fabricación, contribuíndo a un uso eficaz dos recursos naturais.

As nosas camisetas contan -entre outras certificacións de calidade- coa OEKO-TEX100, un estándar internacional do sector téxtil que establece un sistema global de xestión ambiental. A Certificación controla, por medio de análise, auditoría e comprobación, que a produción sexa respectuosa co Medio Ambiente.

Como empresa pequena en pleno período de expansión, desde logo reizentolo quere ser rendible e competitiva, pero entendemos que o noso punto forte no mercado non pode ser unicamente o factor prezo, se non a calidade do noso produto tanto en soporte como en deseño, así como un intanxible: a nosa filosofía e a confianza/credibilidade depositada por todos vós na nosa marca.

Por isto e porque sabemos que aínda nos queda moito por facer, realizamos un esforzo continuo en manter e mellorar a calidade dos nosos produtos e servizos, así como de ampliar a súa gama, xa que sabemos que os nosos clientes así o esperan e, vaia se nolo esixen!! ..iso si, educadamente.

Pensa Global, Actúa e Compra Local.

Novo rexistro