Que forma de pago podo utilizar para realizar a miña compra?

Dispoñemos dos seguintes medios de pago seguro: Visa, Mastercard, e Paypal. Lembra que non acepta American Express. Tamén podes usar o Contra Reembolso e pagar á recepción do pedido, aínda que é un pouco máis caro. En caso de querer Recoller en Tenda, deberías facer o pago previamente, con tarxeta, ou con paypal.

Todos os medios de pago custan o mesmo?

Non, Paypal ademais da comisión efectúa unha recarga en porcentaxe para cada compra e por ese motivo resulta máis caro. Na túa orde de pedido sairá o importe total desa recarga. En España podes pagar Contra Reembolso, pero sairache 2,50 euros máis caro, tamén polos gastos de xestión do diñeiro que fai a empresa de transporte. Pagar con Visa, Mastercard ou Recoller en Tenda non teñen sobrecusto asociado algún.

Se compro desde fóra de España, podo pedir Tax-free?

Sentímolo. Non é posible xa que o Tax Free só se aplica a produtos que se compran en tenda e é necesario que sexan produtos transportados por un mesmo.

Por que razón pode ser rexeitada a miña tarxeta de crédito?

A túa tarxeta pode ser rexeitada por unha das seguintes razóns:

  • É posible que non cubriras todos os campos. Acórdate de que o nomes deben de coincidir exactamente co de tarxeta, e que, ás veces, os bancos usan abreviaturas con puntos. Debes de introducir todos os números da túa tarxeta e os 3 díxitos do código de seguridade.
  • A tarxeta pode estar caducada. Comproba que a túa tarxeta non exceda a data de validez.
  • Poida que  se alcanzou o límite da tarxeta. Consulta co teu banco que a tarxeta non excedese o importe permitido para efectuar compras.

É seguro usar a miña tarxeta de crédito na web?

Sí. As dúas pasarelas de pago que usamos TPV CaixaBank – Sermepa, e Paypal son sistemas de pago seguro que transmiten os datos de forma encriptada SSL e conectan co teu banco ou coa túa conta de Paypal para autorizar previamente a compra.

Novo rexistro