QUEN SOMOS?

Somos reizentolo. Que non sabes quen somos??? Pois non sei por que tardamos tanto en coñecernos!!


DE ONDE VIMOS?

Vimos do mundo da arte e do deseño, e dende 2003 levamos facendo produtos retranqueiros e molones inspirados en Galicia e na forma galega de intepretar o mundo: con creatividade, humor e xeito.


 

       


CARA ONDE IMOS?

Cara unha sociedade global no que cada vez é máis importante o local, e cara un mundo achacado por problemas xerais que deben solucionarse no comportamento individual. Polo menos, asi o cremos en reizentolo.
Por iso, en pleno ano pandémico de 2020 decidimos comezar unha transformación cara unha produción máis sostible e responsable. A nosa filosofía sempre foi a de por en valor o local, pero agora tamén queremos coidar do global, tentando producir os mellores residuos posibles, e concienzar dunha forma de consumo o máis responsable posible. Neste catálogo verás que todas as nosas novedades son de materiais orgánicas ou con materiais reciclados, e pouco iremos mudando o catálogo enteiro.


Non seremos os primeiros en coller este camiño, pero debemos ser máis. Queres vir connosco?

Nuevo registro

¿Ya tienes una cuenta?
inicia sesión o Restablece la contraseña