TES QUE ESTAR REXISTRADO

Para poder comprar na nosa tenda necesitas estar rexistrado, e dispoñer dun usuario e contrasinal. Se non estas rexistrado, podes facelo aquí.

Nós temos un compromiso real coa protección de datos persoais. Só usaremos os teus datos para os servizos que che prestamos, Rei Zentolo asegúrache a confidencialidade dos datos achegados e garante que, en ningún caso, serán cedidos para ningún outro uso sen mediar o teu consentimento previo e expreso. Tamén che garantimos que en calquera momento podes exercer os dereitos de cancelacion de acceso, rectificación, cancelación que establece a Lei de Protección de Datos.

PODO PAGAR CON GALIÑAS, CAMELOS OU CABRAS?

Aínda que somos grandes defensores do trueque, e alegrámonos do auxe da economía colaborativa ben entendida, por comodidade e hixiene (económica e da outra) preferimos utilizar os sistemas estándar de pago por tarxeta, contra reembolso ou PayPal.

Se necesita algunha aclaración a este respecto, pode consultar o apartado "Que forma de pago podo utilizar para realizar a miña compra?"

OS TEUS DATOS PERSOAIS ESTÁN SEGUROS

Conforme á Lei Orgánica 15/1999 do 13 de Decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal (LOPDP), informámoste que mediante a realización de formularios, os teus datos persoais quedarán incorporados e serán tratados nos ficheiros automatizados de Rei Zentolo S.L.

A principal finalidade deste ficheiro é a de manter a relación contractual cos nosos clientes, facilitar a tramitación dos pedidos, así como o envío de información relativa aos produtos e servizos comercializados.

Só te pedimos aqueles datos necesarios para a prestación do servizo requirido e unicamente serán empregados para esta fin. Ademais, se xa non nos queres, en todo momento tes dereito a acceder, cancelar ou rectificalos en pedidos@reizentolo.es.

O NOSO CATÁLOGO EN LIÑA

Para realizar unha compra debes de acceder ó apartado tenda en liña no que che saldran as categorías ou familias que configuran a nosa oferta en liña: camisetas, complementos, bebe...

Accede á familia mediante o menú esquerdo, ou mediante as iconas, e sairache unha listaxe de produtos. Elixe o que che interese, e comproba a talla e a cor. Non te esquezas de comprobar as medidas da túa talla.

Unha vez elixidos todos os produtos que desexes fai click sobre o botón mercar. Mentres manteñas a sesión os produtos gardaranse na cesta da compra (dispoñible na parte superior dereita da páxina web).

Prezos

Non vas pagar máis por comprar en liña: tes a garantía de que os prezos da tenda en liña e a tenda habitual de Rei Zentolo son os mesmos, e na nosa web atoparás ofertas de produtos que son só web. Se es usuario rexistrado, ademais, terás ademais outras vantaxes.

Forma de pago

Escolle a forma de pago, que prefiras. Dispoñemos dos seguintes medios de pago: Visa, Mastercard, e Paypal. Todas elas están securizadas e solicitan autorización ao teu banco ou a Paypal. Tamén podes usar o contra reembolso e pagar á recepción do pedido aínda que é un pouco máis caro, ou se vives preto dalgunha das tendas Zentolas podes seleccionar a opción recoller en tenda. Simplemente deberás seleccionar a cal -de entre os puntos de recollida existentes- queres que enviemos o teu pedido.

Completa os teus datos persoais para que poidamos proceder ao envío dos produtos e pulsa CONTINUAR.

Se elixiches a forma de pago contra reembolso o teu pedido estará realizado a falta de confirmación de pago. Se a forma de pago elixida é a de tarxeta de crédito enviarase a calquera das nosas Pasarelas de Pago.

Se tes algunha dúbida consulta a nosa páxina de medios de pago.

Envíos

Se elixiches a forma de pago Contra Reembolso ou Recoller en Tenda, o teu pedido estará realizado a falta de confirmación de pago. Se a forma de pago elixida é a de tarxeta de crédito ou Paypal enviarase á nosa Pasarela de Pago, e tras a autorización procédese ao envío de forma automática.

Todos os envíos á Península realizaranse por empresa de transporte urxente, e nun prazo máximo de cinco días terás o teu pedido salvo rotura de stock, nese caso poñerémonos en contacto contigo para marcar unha data. Temos unha tarifa plana de transporte para península (4,50€), é dicir, pidas as camisetas que pidas os custos de envío serán os mesmos. Se ao realizar o teu pedido elixiches como forma de pago contra reembolso os gastos de envío veranse incrementados en 2,50€ por xestión de cobranza. Para envíos a outras zonas consulta a nosa páxina de envíos.

Pedidos

Lembra que en calquera momento podes cancelar o pedido e desde a cesta de compra poderás eliminar os artigos que non desexas sempre que non tramitases o pedido.

Unha vez feito o teu pedido, recibirás un email de confirmación. Se non o recibises, ponte en contacto co noso departamento de atención ao cliente en pedidos@reizentolo.es.

Devolucións

Podes devolver o teu pedido nun prazo de 60 días desde a recepción do envío (sempre que non estean usados, modificados e atópense en boas condicións). Envíanola de volta co albarán de entrega indicándonos por que produto desexas cambialo á seguinte dirección:

Almacén Rei zentolo s.l. Avenida do Aeroporto, 305, 36317 · VIGO · PONTEVEDRA.

Os custos de envío xerados pola devolución corren da túa conta salvo que o produto estea deteriorado. Nese caso nós corremos con todos os gastos.

Iso si, lembra que Santa Rita Rita, o que se dá non se quita, polo que poderás cambiar os produtos tantas veces como queiras, pero non devolvemos o diñeiro.

Novo rexistro