Hola, ¿en que podemos axudarche?
 

A historia comeza cando tres galegos recién licenciados en Belas Artes e Historia da Arte* atopamos na camiseta o soporte ideal para plasmar as nosas creacións: deseños Pop que beben da cultura popular deste novo milenio, mesturando o local e o global, e sempre aderezándoo con humor e retranca (tipo de humor galego irónico e fino con dobre sentido que poderíamos definir como un nin sí nin non, por si acaso).

Ao principio ninguén vía viable a nosa proposta e ningunha tenda quería os nosos produtos, polo que comezamos a vender nos msmos por ferias, festas e festivais ata chegar a montar en 2003 unha primeira tenda en Pontevedra, animados pola boa acollida da xente.

Dende entón non paramos: comezamos a vender camisetas en tendas de toda Galicia primeiro, e de España despois. Apareceron as seguientes tendas propias e as primeiras franquicias en Vigo, Coruña, Santiago, Allariz... e tamén en Madrid, Bilbao, Barcelona, Ibiza... Comezamos a realizar deseño a medida para empresas e eventos, tivemos novos proxectos, novos produtos, novos colaboradores, acertos as veces, e outras veces ocasións para aprender, o suficiente como para chegar ata o día de hoxe.

Pasados máis de 15 anos, os nosos produtos véndense en 5 tendas reizentolo nas mellores zonas comerciais de Galicia, decenas de córners exclusivos da marca, centos de tendas multimarca por toda España e por suposto, tamén online. As nosas gráficas vístense infinidad de proxectos e a marca conseguiu establecerse como un referente en canto a creatividade e deseño en Galicia.

Hoxe en día estes galegos -xa non tan xóvenes- xunto a un selecto e maravilloso grupo de máis de 30 persoas, seguimos facendo crecer este persoal universo, en constante expansión e ebullición.

Longa vida ao reizentolo !!


*: sí, quen iba a dicir que esas carreiras tiñan estas saídas.

 

Acabamos de actualizar a información sobre o uso dos teus datos persoais na nosa sección de Aviso Legal e Política de privacidade. Empregamos cookies propias e de terceiros para mellorar a túa experiencia e os nosos servizos analizando os teus hábitos de navegación. De continuar navegando consideraremos que aceptas o seu uso. + Info .